Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Cultura e Deporte

Cultura e Deporte


Lévase a cabo unha tarefa de dinamización cultural con programas e actividades para tódalas idades, na que a participación veciñal ten un importante papel.

Actuacións musicais, charlas e conferencias, debates, obradoiros, teatro, contacontos, viaxes, animación á lectura... son algúns exemplos da variada oferta cultural programada polo concello durante todo o ano.

Algunhas das propostas ofertadas para uso e disfrute dos veciños e veciñas:
 

BIBLIOTECA E TELECENTRO

Ampliar Foto...
Telecentro na Biblioteca Municipal

Presta un servizo de consulta e lectura de libros ao usuario. Está dividida en varias seccións desde a narrativa en galego e castelán ata materias como a arte ou as ciencias. Destaca o apartado adicado a lectura infantil e xuvenil.

Desde o Telecentro, instalado na propia Biblioteca, contamos cunha rede de computadores para poder ofrecer aos usuarios, desde o acceso gratuíto a Internet con ADSL, ata cursiños de alfabetización dixital. O Telecentro está incluído na rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, e polas tardes, organiza actividades para acercar o uso das novas tecnoloxías.

HORARIOS:
Biblioteca e Telecentro
De Luns a Venres de 16:00h a 20:00h
  

ESCOLA DEPORTIVA

Actualmente, desenvólvese a actividade de fútbol-sala. Poden participar tódolos rapaces/as maiores de 6 anos. Asistindo ás clases, coñecerán e practicarán este deporte, ademais de participar en diferentes torneos e competicións infantís.
Programaranse outros cursos e actividades
 

PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

Ampliar Foto...
Actividades cos maiores

programas formativos e actividades de lecer
Dentro do Programa está incluído:

  • AULA DOS MAIORES
  • OBRADOIRO DA MEMORIA
  • ACTIVIDADES DE XIMNASIA ACTIVA

Desenvolvense obradoiros da memoria e alfabetización dixital e ximnasia no Centro Social de Parada e na Biblioteca municipal.

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting