Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Servizos Sociais e Benestar

Servizos Socias, Benestar e Igualdade


O Concello elaborou un Plan de Igualdade e Benestar que se ven aplicando nos últimos anos e co que pretendemos modernizar os servizos públicos municipais, e cuxo eixo fundamental ten sido a información pública coa adopción de medidas de igualdade e dinamización social con programas e actividades abertos á participación veciñal e á integración social e económica, para poñer en marcha iniciativas cunha gran influencia na mellora das oportunidades e da calidade de vida. Entendemos os servizos sociais desde unha concepción global, transformadora e integradora de toda a pobación, é dicir, un instrumento fundamental no avance do benestar social.

Traballamos co obxectivo prioritário de prestar unha atención especializada e adaptada a todas as persoas e as súas necesidades, tal e como se reflicte na Lei 13/2008 de servizos sociais de Galícia e dentro do Sistema Galego de Servizos Sociais.

Equipo de traballo

O Equipo de traballo dos servizos comunitarios básicos do Concello de Vilar de Santos está integrado por unha traballadora social.
 

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting