Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Outros Servizos Municipais

Outros Servizos Municipais


CENTRO DE DIA

Ampliar Foto...

Carballedo sn
Tel. 988 447052
Horário: Luns a Venres, de 8,00 a 19,30 horas

En funcionamento desde 2008. Os Centros de Día defínense como centros xerontolóxicos socio-terapeúticos e de apoio ás familias que durante o día prestan atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual.
Conta con 20 prazas.

Ampliar Foto...
Sala de Fisioterapia
Ampliar Foto...
Apartamentos tutelados
 

VELORIO MUNICIPAL

Ampliar Foto...
Servizo municipal situado no Parque Empresarial.

Horario de función das necesidades dos usuarios.

Para calquera incidencia ou cuestión chamar ao Concello ou ao encargado de servizos: 689 008 664


TRANSPORTE MUNICIPAL

Liñas:Laioso-Vilar de Santos

Saída ás 8:00h Chegada 8:30h
Paradas os Luns e Xoves, Laioso, Os breixomes, A Venda, Toxediño, Outeiro, Parada, O Vieiro, Mosqueiro, A Ponte, Castelaos, Vilar de Santos

Nota: as fins de semana e os festivos non funciona.


SERVIZO DE AUGAS

Rede de abastecemento e saneamento totalmente municipalizada en todos os pobos. Contamos con duas instalacións de ultima tecnoloxia:

Ampliar Foto...
ETAP – Bombeo na Veiguiña
Ampliar Foto...
EDAR – Depuradora de Vilar de Santos

Para calquera incidencia poden chamar ao concello en horario de 8,30 - 15,00 horas ou no Tel encargado servizos: 689 008 664


SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO

Ampliar Foto...
Prestamos este servizo dunha forma directa cun camión de recollida propio.

Recollida todos os luns e venres

Para calquera incidencia poden chamar ao concello en horario de 8,30- 15,00 horas ou no Tel encargado: 682 592 232


SERVIZO MUNICIPAL DO TRACTOR DESBROZADORA

Ampliar Foto...

O Concello ten levado a cabo nos ultimos anos un traballo continuo de desbroce e limpeza de todos os pobos, camiños, pistas, asi como os montes comunais e cortalumes e tamén se limparon a fondo os ríos, canaletas e desaugadoiros.

Para continuar nesta liña de traballo, no 2010 aprobamos unha Ordenanza reguladora pola prestación do servizo municipal do tractor desbrozadora  e pon a disposición dos veciños e veciñas os seus medios para continuar coa limpeza e prevención.

O prezo público fixado é de 35 euros/ hora.

Calquera veciño interesado en limpar e desbrozar as suas fincas pode solicitalo no concello, tramitando a solicitude correspondente.

Teñen prioridade as fincas que están comprendidas nas faixas de protección e os perimetros que marca a Lei de incendios ou a Conselleria do Medio Rural.


PUNTO DE INFORMACION CATASTRAL

Sen necesidade de desprazarse a Catastro a Ourense.

Para facer uso deste servizo só é preciso facer unha solicitude no propio Concello

Desde o Punto de Información Catastral nas oficinas do Concello, o titular catastral, ou o seu representante, pode acceder aos seguintes servizos:

  • Consulta libre de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Consulta e certificación electrónica de datos protexidos dos titulares catastrais, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.

Atención no Concello, de luns a venres de 8,30 – 15,00 horas


CONVENIO CONCELLO – DIRECCIÓN XERAL DE TRAFICO

Desde o 2011 temos un novo servizo conxuntamente coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense.

Poderán facerse no concello os seguintes trámites con Tráfico:

  • cambio do domicilio persoal no permiso ou licencia de conducción.
  • cambio de domicilio dos vehiculos para o imposto de circulación.

 Sen necesidade de desprazarse a Tráfico a Ourense.

Atención no Concello, de luns a venres de 8,30 – 15,00 horas


CENTRO DE SAÚDE

Ampliar Foto...
Novo Centro de Saude xunto ao Centro de Día
Novo Centro de Saude xunto ao Centro de Día

Carballedo sn
Tlf. 988 46 58 44
Horario de Atención: Luns a Venres, de 8,30 a 14.00
Análisis clínicos Luns e xoves ás 9:00h

Tlf. de Urxencias: 988 462456


SERVIZO DE TAXI

En funcionamento desde xaneiro o Novo Servizo Público de Taxi de Vilar de Santos para poder atender e cubrir as necesidades de mobilidade e os desprazamentos da veciñanza.

Este novo servizo municipal reforza toda a dotación de infraestruturas e servizos públicos do concello para facer fronte ás novas demandas e permitiranos poñer á disposición dos veciños e veciñas un servizo público de proximidade.

Tlf. 696 292 808    988 467 805

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting