Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Información xeral » Datos Socioeconómicos

Datos Socioeconómicos


Vilar de Santos conta na actualidade cunha poboación de 950 veciños. Unha cifra, que ainda que ten descendido nas últimas décadas, non o fixo de forma tan drástica como noutros concellos da Comarca da Limia.

Herdeira dunha tradición agraria que nos anos 60 quebrou e condenou a unha parte moi importante á emigración, a poboación de Vilar de Santos soubo remontar esas décadas nefastas e procurar o desenvolvemento abríndose a novos sectores de producción.

Cómo cáse que tódolos Concello rurais de Galiza, Vilar de Santos presenta unha piramide de poboación envellecida. Sen embargo na última década obsérvase, sobre todo desde a instalación do Parque Empresarial, que este envellecento se detivo e que os primeiros tres tramos da piramide teñen un crecemento, cado menos, esperanzador.

Ampliar Foto...
Mapa do Concello

O municipio conta con dúas parroquias, Vilar de Santos composta por tres núcleos de poboación: Vilar de Santos, Barrio e Casas da Veiga e Parada de Outeiro composta por dez: Laioso, Breixome de Arriba, Breixome de Abaixo, A Venda, Toxediño, Outeiro, Parada, O Vieiro, A Ponte e Castelaus. Mentres a primeira emprazase na súa totalidade na chaira da limia, e polo tanto en zona de Concentración Parcelaria, Parada reparte a súa superficie entre a chaira e o monte e conta, polo tanto, cunha paixase máis diversa e tradicional.

Na actualidade, Vilar de Santos constitúe un bo exemplo de concello dinámico, onde o desenvolvemento industrial e económico convive coa conservación da natureza e das tradicións máis arraigadas. A pesares de que na actualidade o sector adicado aos servizos e a industria auxiliar da construción acaparan máis da metade do emprego, agricultura e gandeiría constituíron tradicionalmente a base económica do concello, destacando fundamentalmente o cultivo da pataca e dos cereais, así como o proceso de cultivo e elaboración do liño.

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting