Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Urbanismo e Vivenda » O Futuro

A nosa aposta de futuro: O casco vello de Vilar de Santos


O seguinte paso a dar foi a presentación do Proxecto de Recuperación e Rehabilitación do núcleo de Vilar de Santos no ano 2007 á Consellería de Vivenda e Solo, que define o noso obxectivo de contribuír á conservación e posta en valor do patrimonio arquitectónico construído, a habitabilidade e a calidade das vivendas, redefinindo os espazos públicos e reurbanizando os entornos e as zonas deterioradas con novas funcionalidades.

No ano 2009 despois de sucesivos contactos coa Consellería de Vivenda asinase un Protocolo de actuacións: “Protocolo de intencións subscrito entre a Consellería de Vivenda e Solo e o Concello de Vilar de Santos para a recuperación do Núcleo Histórico de Vilar de Santos e a mellora do seu contorno”. Documento que recolle o marco xeral de colaboración e as actuación previstas. Posteriormente quedaron fixadas todas as cuestións referidas para a posterior sinatura e convenios coa Consellería para a execución das diversas fases do Proxecto, que queda paralizado polo goberno do PP na Xunta.

A última fase deste Proxecto e cunha perspectiva máis ampla é a solicitude de ARI, ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para acadar a declaración do Núcleo de Vilar de Santos como Área de Rehabilitación Integral.

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting