Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Urbanismo e Vivenda » ARI Vilar de Santos

A Área de Rehabilitación Integral de Vilar de Santos


Ampliar Foto...
Ortofoto ARI de Vilar de Santos

O Concello presenta o 12 de abril de 2010 o proxecto para a “Solicitude para a declaración de Area de Rehabilitación Integral- ARI do Núcleo Histórico de Vilar de Santos”, ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que supón que a zona orixinaria do núcleo de Vilar de Santos, fora declarada Área de Rehabilitación Integral- ARI pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A declaración de Area de Rehabilitación Integral- ARI, con data 21 de xuño de 2011, polo IGVS, que vai ter efecto a partir de agora coa sinatura do convenio e permitirá afrontar as actuacións de rehabilitación no núcleo coas axudas económicas previstas para o ámbito proposto da ARI, cunhas prioridades de actuacións no parque edificatorio e no espazo público. O financiamento das actuacións foi aprobado na Comisión Bilateral de Vivenda entre a Xunta, Ministerio de Fomento e o Concello dentro do Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.

Posteriormente o 14 de maio, no marco da Comisión Bilateral do Plan Estatal de Vivienda e Rehabilitación 2009-2012 con financiación do Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello, asinouse o convenio para as actuacións na Área de Rehabilitación Integral do núcleo rural Vilar de Santos- 1ª Fase ata o 2016.

A delimitación do ámbito da ARI de Vilar de Santos conta cunha superficie de 147.981 m². O número total de edificacións  incluídas son 411, das cales 216 son vivendas e o resto son outra serie de construcións complementarias, así como diversos equipamentos.

Trátase dunhas actuacións pioneiras e innovadoras nun concello rural,  a primeira destas características na provincia de Ourense, xa que as outras ARI e as oficinas de rehabilitación, correspóndense con vilas, núcleos históricos e cidades  de aí a súa importancia e transcendencia.

As axudas económicas previstas van dirixidas aos particulares propietarios das vivendas, ao concello para a urbanización e reurbanización dos espazos públicos e por último vai permitirlle ao Concello poder contar coa cofinaciación da Oficina de Rehabilitación que canalizará toda a información e a xestión das axudas. A súa principal función será facilitar e ofrecer un asesoramento técnico continuado, coordinar as actuacións de rehabilitación, redacción de informes e memorias de obras, así como a trámitación de toda a documentación. 

A Area de Rehabilitación Integral de Vilar de Santos significa outra aposta por un modelo de crecemento ordenado e adaptado á realidade do concello, conformando e poñendo en valor un espazo de rehabilitación e actividade económica co obxectivo primordial de evitar o abandono e ruina e revitalizar o entorno e fixar poboación dentro dun proxecto planificado desde o punto de vista técnico e financieiro.

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting