Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Servizos Sociais e Benestar » Programas Básicos

Programas Básicos de Servizos Socias, Benestar e Igualdade


O Programa de Información, orientación e asesoramento

Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.

  • Información, orientación e asesoramento de tódolos recursos relacionados co ámbito dos Servizos Sociais.
  • Tramitación de axudas económicas relacionadas cos seguintes ámbitos:
    • Menores a cargo.
    • Situación de Emerxencia Social por falta de recursos.
    • RISGA, RAI, etc.
    • Pensións da Seguridade Social e do estranxeiro.
    • Pensión de Incapacidade Temporal e Permanente.
    • Pensións de Orfandade, Viudez, etc.
  • Tramitación de tarxeta sanitaria para persoas sen recursos.
  • Tramitación de axudas para emigrantes retornados e/ou inmigrantes.
  • Tramitación de subvencións para a rehabilitación de vivenda.
  • Tramitación de Pensións Non Contributivas.
  • Tarmitación e coordinación do Servizo de Alimentos Excedentes da Unión Europea.
  • Tramitación de Asistencia Xurídica Gratuíta.
  • Información e Asesoramento sobre o acceso ás competencias clave e/ou o recoñecemento da experiencia profesional.
  • Tramitación da Lei de Dependencia.
  • Tramitación do recoñecemento da minusvalía.
  • Tramitación do Reintegro de gastos por desprazamentos a consultas do SERGAS e/ou rehabilitación.
  • Tramitación de Balnearios e Vacacións para Maiores.
  • Tramitación da solicitude do certificado de últimas vontades por falecemento.
  • Asesoramento e Información relacionada con todo tipo de trámites burocráticos relacionados ou non cos Servizos Sociais a fin de facilitarlle a xestión ós veciños.

O Programa de Axuda no Fogar

O Servizo de Axuda no Fogar é un servizo social comunitario básico de carácter público garantido polo concello.

O Concello de Vilar de Santos inclúe e garante a prestación do Servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas como Dependentes no seu Plan Individual de Atención e a prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico ou de libre concorrencia para as outras situacións.

Este programa tamén integra o Servizo de Teleasistencia.

O Equipo de traballo do Programa de Axuda no Fogar está integrado por tres Auxiliares de Axuda coordinadas pola traballadora social do concello.

O III Plan de Igualdade de Oportunidades 2010-2014

O III Plan de Igualdade de Oportunidades 2010-2014 abarca cinco liñas de actuación, sobre as cales se incidirá nos vindeiros anos realizando todo tipo de accións e actividades para tódolos veciños e veciñas:

  • educación e cultura
  • emprego e formación continuada
  • benestar social e conciliación da vida laboral, familiar e persoal
  • violencia de xénero
  • participación cidadá.

Con este conxunto de medidas, prétendese eliminar as desigualdades entre mulleres e homes tanto no ámbito económico, coma social ou cultural .. e incidir nunha mellora da calidade de vida de tódolos veciños e veciñas, facendo fincapé no papel da muller na sociedade, procurando facer conciencia das necesidades existentes e realizando un acercamento á sociedade na que vivimos e os recursos existentes nela.

O Programa de animación, prevención e cooperación social

Coa xestión e realización dos programas básicos de prevención, inserción, cooperación e fomento da solidariedade e outros destinados a intervencións comunitarias.


O Programa de Envellecemento Activo

Ampliar Foto...
Envellecemento Activo

Dirixido ás persoas maiores, contribúe a mellorar a calidade de vida deste sector social con programas formativos e actividades de lecer.

 

Ampliar Foto...

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting