Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Organización Municipal » Orzamento Municipal

Orzamento Municipal 2016


O Concello de Vilar de Santos aprobou o orzamento para o ano 2016 que ascende a 780.000 euros.

 

Nunha conxuntura como a actual, estes orzamentos van permitir continuar e reforzar a aposta do Goberno municipal de Vilar de Santos para garantir uns servizos públicos de calidade e consolidar o aproveitamento e posta en valor dos recursos locais para seguir impulsando o noso modelo de desenvolvemento e benestar.

 

En cifras, o gasto de persoal supón o 42%, un lixeiro incremento para atender as necesidades e reforzar a atención dos servizos sociais comunitarios e outros servizos como a Escola Infantil. Os gastos correntes significan 214.704 euros, similares ao 2015,  logrados grazas ao control e racionalización do gasto. Mantemos e reforzamos a inversión produtiva, destinando a investimentos públicos 220.811euros, o 28% do orzamento, para consolidar e financiar máis proxectos. As actuacións de protección e promoción social, os servizos públicos básicos, educación, cultura, deporte e outros programas  representano 73% do orzamento.

 

Ademais as taxas e impostos municipais para 2016 permanecerán conxeladas, o mesmo que fixemos no 2015; o que implica un maior esforzo económico e de xestiónasumido polo concello.Todo isto, sen reducir a eficiencia e calidade dos servizos municipais. Cuestións relevantes tamén son a inexistencia de débeda pública, de ningún plan de axuste e de ningunha débeda con provedores.

 

Son uns orzamentos realistas e equilibrados, que están priorizados para levar a cabo proxectos en varias áreas de actuación:

1.  Aposta polos servizos sociais municipais, públicos e excelentes, como un instrumento básico de integración e cohesión social e mellora da calidade de vida

2. Dinamización da actividade económica e o emprego.

3. Mellora das infraestruturas e equipamentos públicos.

 

Estas contas son un reflexo das nosas prioridades e son indicativas da boa xestión levada a cabo no concello, con planificación, sen facer recortes nos servizos públicos esenciais e acometendo os investimentos necesarios para o desenvolvemento do concello, atendendo todos os compromisos para seguir avanzando no benestar social e na mellora da calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Vilar de Santos e neles reflectimos o noso compromiso cunha xestión pública transparente, eficiente e solvente co diñeiro público. 

Este é o cadro resume coa clasificación económica de gastos e ingresos.

Ampliar Foto...

Ampliar Foto...

O orzamento municipal para o exercicio 2016 foi aprobado polo Pleno do Concello o día 28 de xaneiro de 2016

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting