Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Proxectos e Programas » Estudo Sostentabilidade 2016

Etudio de sustentabilidade ambiental da iluminación pública do concello de Vilar de Santos


Ampliar Foto...
Cartel Anuncio Programa

O obxecto principal desta actuación e poder “dispor dun instrumento de planificación, xestión e seguimento que ordene de xeito integral os esforzos a realizar polo Concello de Vilar de Santos en materia de aforro e eficiencia enerxética”.

O alcance dos traballos realizados foi:

  • Toma de datos inicial.
  • Análise enerxética de cada unha das instalacións de iluminación.
  • Elaboración de propostas de actuacións para as melloras de sustentabilidade.


TOMA DE DATOS INICIAL:

Consistiu  na  visita  a  tódalas  instalación de  alumeado público  das  que  dispón  o Concello de Vilar de Santos.

Nestas visitas fixéronse tomas de datos sinalando as características principais e o estado no que se atopan os elementos de (centros de mando, cableados de alimentación os puntos do alumeado, luminarias, soportes de luminarias. sistemas de aforro enerxético e dispositivos de seguridade). Ao mesmo tempo fixaronse as ubicacións dos principais elementos en cartografía dixitalizada.

ANALISE ENERXÉTICA DE CADA UNHA DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN:

Consistiu na análise individual de cada unha das instalación de alumeado público das que dispón o Concello de Vilar de Santos.

Nestas análise valoráronse as situacións actuais nas que se atopan as instalacións tendo en conta os rexistros de consumos segundo a facturación eléctrica e os custos do mantemento.

ELABORACIÓN DE PROPOSTAS DE ACTUACIÓNS.

Partindo dos resultado obtidos na análise de cada unha das instalacións propuxéronse as actuacións mais vantaxosas a cada unha das instalación.

Unha vez realizadas tódalas propostas realizouse unha nova análise coa fin de sinalar un orden de prioridade das distintas actuacións de cara a un maior beneficio medioambiental a curto prazo.
 

Ampliar Foto...
Ampliar Foto...

 

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting