Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Coñece Vilar de Santos

Coñece Vilar de Santos


Ampliar Foto...
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...

Vilar de Santos é un concello rural da comarca da Lima, no sur da provincia de Ourense. A cabalo entre a chaira da Limiá e a montaña que o une co concello de Allariz. Forma parte da Reserva da Biosfera "Area de Allariz" Esto permite que a súa paisaxe sexa diversa e inclúa zonas de cultivo extensivo e zons boscosas de gran beleza.

Ampliar Foto...
Forno comunal

Aqui, a agricultura tradicional, mais unida a mantenza da familia que ao comercio, convive coa mais moderna produción e trasformación. A paisaxe reflicte esta realidade, na que ainda podemos atopar as casas de sempre cos seus alpendres e palleiras, arodeadas de hortas e áreas de cultivo,  agrupadas en pequenos núcleos de poboación, nos que se manteñen as airas comunais, as fonte e o os fornos, nos que os veciños cocen o pan por quendas ou se xuntan para as celebracións. Pero tamén podemos atopar extensos campos de cultivo de cereal, patacas ou cebolas, que fan que zona baixa deste concello, chamada chaira cambie de cor e de apariencia en cada época do ano.

Vilar de Santos, ainda que de vocación agraria, como toda a comarca, na última década soubo consolidar un sector industrial que na súa maioria esta instalado no Parque Empresarial de Santa Marta. Un enclave no que innovación e tradición se unen para crear riqueza e traballos.

Museo de Vilar de Santos
Museo de Vilar de Santos

Pero sen dúbida o maior activo de Vilar de Santos son os seus veciños, xente afable e traballadora que recibe aos forasterios abertamente e que farán que se sinta coma se estivese na súa casa. Comece pois a súa visita aproximandose a eles, será una forma rápida e segura de coñecer esta terra.

A capitalidade, Vilar de Santos, é  núcleo mais grande de poboación, dos trece que integran o concello, e nela  concéntranse a maioría dos servicios e o comercio local. Aqui tamén esta emprado o Museo Etnográfico da Limia, una boa razón para vir a visitarnos.   

Os amantes da natureza e os deportes ao ar libre, teñen aqui a oportunidade de percorrer catro sendeiros perfectamente sinalizados que lles permitirán descubrir paraxes segredos de gran beleza e un gran número de pistas de terra, entre campos de cultivo que, pola súa planicie, son especilamente aptas para os paseos en bicicleta.

Especialmente recomendable para as familias e grupos de amigos e o Albergue de Vilar de Santos, onde poderán aloxarse nun ambiente familiar e degustar os produtos locais.

 

 

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting