Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Que visitar » Museo da Limia

Museo da Limia


Ampliar Foto...
Tenda do Museo da Limia

Ninguén pode marchar de Vilar de Santos sen coñecer este museo etnográfico, considerado un dos mellores de Galicia no seu xénero. Está adicado a vida e o saber tradicional da comarca da Limia. É “A morada da memoria antelana“ nome co que se coñece tamén a comarca e a súa antiga lagoa, a mais grande extensión de auga doce do Estado Español, ata que foi desecada nos anos 60. 

A singulariedade, pola que ten sido recoñecido e premiado este museo, é que os guías son veciños que falan da súa propia vida e dos obxetos que formaron parte dela. O museo consta de cinco áreas temáticas: O mar da Limia, O mundo Rural, A vida na casa, Os oficios e o Comercio.


Ampliar Foto...
O mar da Limia

O mar da limia: A desaparecida lagoa de Antela constitue un elemento indispensable para comprender a evolución da Limia durante o último século. A súa desecación desencadeou unha serie de acontecementos que mudaron a vida e a paisaxe para sempre.


Ampliar Foto...
Patio

O mundo Rural Un percorrido  pola vida e os costumes do limiaos nos séculos XVIII, XIX e XX, a organización do territorio; as aldeas,parroquias,  Os estamentos sociais, as cosntruccións tradicionais, os cultivos, a alimentación... este espazo inclúe a reproducción dun patio de labranza cos diferentes aparellos utilizados polos labregos, centrándose no cultivo do cereal característico da Limia. O alcume de “graneiro de Galicia” non é casual. Drante séculos, a Limia produciu moito máis gran de centeo, millo e trigo do que podía consumir. Polas condicións físicas da comarca, os limiaos tiveron na terra a súa fonte principal de riqueza, e a pesar das mudanzas propiciadas pola tecnoloxía, a realidade social sigue suxeita á terra e a labor da xente nela.


Ampliar Foto...
A casa limiá

A vida na casa:  Interior dunha casa limiá tradicional, coa recreación da lareira, espacio máxico da vivenda, e do cuarto, a carón da anterior aproveitando a súa calor. No ámbito rural, a arquitectura estaba inmersa na paisaxe, tomando dela os materiais precisos. A casa limiá define a vivenda, pero tamén a familia que habita nela, construccións secundarias como o palleiro, propiedades, terreos e productos colleitados, etc. 


 O liño: Mostra dos útiles e tarefas arredor do liño que testemuñan a súa significación na sociedade tradicional. O seu cultivo foi importante base socioeconómica na Limia ata a crise de producción no s. XIX. Había boas condicións xeoclimáticas para o seu desenvolvemento e numerosa man de obra no agro. Un tear, presente en case tódolos fogares nunha economía de autoabastecemento, e a recreación dun fiadeiro son elementos destacados da exposición.


Ampliar Foto...

Os oficios Recreación de talleres de oficios artesanais destacados na comarca: traballo dos canteiros, a forxa dun ferreiro, útiles do carpinteiro e do zapateiro. Todos eles gardan unha relación directa coa terra e o que dela se extrae. O inmobilismo social e económico da sociedade galega propiciou que moitos destes oficios seguisen vixentes ata ben entrado o século XX, cando o progreso e transformacións industriais modificaron esta realidade.


Información

ENDEREZO:
Museo Etnográfico da Limia. Rúa Celanova, 63. 32650 Vilar de Santos (Ourense)

TELEFONO 988 465883     FAX 988 465872

E-MAIL museodalimia@vilardesantos.com

WEB: www.museodalimia.com

HORARIOS DE VISITA: 
Sábados e domingos: de 11.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas
De luns a venres: chamar ou contactar para  visitas e grupos concertados

PREZO ENTRADA: 2€ por persoa. 

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting