Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Que visitar » Aldea de Saa

Aldea de Saa


Ampliar Foto...

A Aldea de Saa, é hoxe un conxunto rehabiliatado no cal se pode apreciar o sistema tradicional de asentamento da zona suroriental da provincia de Ourense; a orixe do asentamento témola nunha antiga citania a beira dun castro; documentacións do século XVII mostran a importancia do asentamento.

Até os anos 30, a Aldea de Saa, detentaba a titularidade da parroquia de San Xoan, hoxe de Vilar de Santos, e durante a primeira mitade do século a poboazón estaba estabilizada nunhas 30 persoas residindo. O abandono do asentamento prodúcese entre os anos 50 e 60 e estivo motivado en grande medida pola apertura de novas comunicacions entre Xinzo e Celanova.

Ampliar Foto...
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...

O FUTURO DE SAA

O Obxectivo é crear  un espacio dinámico onde o visitante poida, dun lado, coñecer a estructura dunha antiga aldea e vivir in situ o estado actual destes espazos (abandono e despoboamento), o conservar muros de anteriores edificacións, creando así unha imaxe que permita imaxinalas, e doutro lado por en valor outras edificacións dándolle un destino productivo ao convertilas en microempresas de hostelería e artesanía ou servizos anovadores.
.

Ampliar Foto...

SERVICIOS:

  • OFICINA DE INFORMACIÓN E ACOLLIDA
  • RESTURANTE
  • 3 APARTAMENTOS RURAIS

A súa proximidade con Vilar de Santos faI posible que os visitantes poidan disfrutar dos servicios municipais e facer uso do comercio local, estando nun emprazamento de Saa é priviliexado, pola sensación de illamento que se ten cado se esta nel, a pesar da proximidade con Vilar de Santos(3´a pé) e co as vilas de Xinzo da Limia (5') Allariz (15') ou Celanova (15')  

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting