Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Que facer » Rutas a pé e en coche

Rutas a pé e en coche


As rutas de O RUXIDOIRO e CASTELAUS son dúas rutas circulares cun grado de dificultade baixo e con vistas dos terreos onde estivo a Lagoa de Antela e as Veigas da Limia. En ámbolos dous percorridos, pasaremos moi perto do Museo da Limia e de Saa, unha fermosa aldea rehabilitada para o turismo.

Ampliar Foto...
fonte da Cachalgura

“Ruta do Ruxidoiro”: Sae da Igrexa románica de Vilar de Santos, por riba da Praza do Concello, segue cara á aldea de Saa e desde alí, atravesando bosques de carballos, praderías e un muíño, encamíñase ao Ruxidoiro, zona núcleo da Reserva da Biosfera, lugar onde remansaba a auga do regato Cigüeñeiras. Trátase dunha ruta pequena e con pouco dificultade, apta para calquera paseante.

» Descargar a Ruta en PDF

 

Ampliar Foto...
Fonte dos Espiñerios

“Ruta de Castelaus”: Sae da área de recreo do pobo de Castelaus, ao pé da Fonte dos Espiñeiros, e sube cara ao monte do Seixo,  entre castiñeiros e carballos, polo antigo camiño que utilizaban os veciños para ir a Vilar de Santos. Desde o alto e baixando cara a Saa, podemos observar boas vistas da Limia e os antigos terreos da Lagoa. A ruta pasa ao pé da Igrexa de San Xoán e polo Parque da Cachalgura no que existe un Campo de Xogos Tradicionais, volvendo a subir cara ao monte Cobelo. Esta ruta é máis longa, con escasa pendente polo que resulta apta para todos os camiñantes.

» Descargar a Ruta en PDF

 

Ampliar Foto...
Prados da Regueira

Ruta de Parada de Outeiro: Saindo do pobo de Parada, esta ruta lévanos pola parte montañosa do concello ata o pobo de Laioso, para baixar despois pola zona coñecida como A Regueira, desde onde podemos contemplar a extensa planicie da Limia.

» Descargar a Ruta en PDF

 

Ampliar Foto...

Ruta "Reserva da Biosfera": Esta ruta en coche ou bicicleta permítenos coñecer e descubrir paraxes de grande beleza nos catro concello que conforman a Reserva da Biosfera "Area de Allariz" ademáis dispomos dunha guía con información moi útil dos lugares onde podemos comer e descansar nesta época estival, xunto co mapa da ruta.


As rutas están sinalizadas e existen mapas a disposición do camiñante; a finalidade é poñer en activo unha rede de camiños que sirvan tanto para comunicar os pobos como para practicar sendeirismo.

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting