Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Que facer » Visitar a Reserva da Biosfera

Visitar a Reserva da Biosfera


Ampliar Foto...

A Area da Reserva está formada por unha ampla depresión, cunha altitude media de 600 m, por onde discurre o río Limia, e rodeada dun reborde montañoso do que destaca na súa parte norte o macizo granítico de Allariz, por onde discurre encaixonado o río Arnoia.

Toda a zona presenta unha paisaxe agraria tradicional, fortemente intervida polo home desde tempos remotos. Non falamos pois dun territorio salvaxe ou virxe senón, polo contrario, dunha paisaxe na que a man do home xoga un papel xa inseparable do seu futuro; é por iso que o abandono da terra acarrea con suma rapidez o deterioro da paisaxe, xa que nela a compoñente cultural resulta tan importante como a propia natureza. 

LUGARES DESTACADOS

Para a observación de aves As veigas e as ribeiras dos ríos Limia,  son terreos encravados nas marxes do canal da antiga lagoa Antela, que ainda que hoxe xa non existe, podemos atopar grandes pozas, fruto da actividade de extración de area, na que se reunen grandes bandadas de aves acuáticas. Especialmente en Vilar de Santos, e nas veigas de Rairiz de Veiga e Allariz.

Bosques de especial interese son A Padela en Allariz (carballos, acibros e castiñeiros) ao que se accede desde o pobo de Valverde ou o de Requeixo de Valverde e que conta cunha ruta sinalizada. Os soutos de A Bola, grandes masas de castiñeiros. Especialmente na parroquia de Podentes.

Nucleos de poboación de interese son: O casco histórico de Allariz, un conxunto ben conservado que garada a súa conformación medieval. Santa Mariña de augas santas, no Concello de Allariz, que conta cunha fermosa basílica e os restos dos lugares onde foi martirizada a santa. Congostro, pobo do concello de Rairiz de Veiga recentemente restaurado onde se pode ver unha das maiores concentracións de canastros da Limia.

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting