Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Parque Empresarial

Parque Empresarial de Santa Marta


Ampliar Foto...
Parque Empresarial de Santa Marta

A dinamización económica ten sido un obxectivo prioritario para o Concello de Vilar de Santos. Temos optado dunha maneira clara polo aproveitamento e posta en valor dos nosos recursos e das capacidades locais para dotarnos de infraestruturas, servizos e equipamentos públicos de calidade, en definitiva, a nosa capacidade para impulsar un modelo de desenvolvemento propio, e apostar por novas alternativas que incentiven e faciliten todo tipo de actividades no medio rural, compaxinando a tradición, coa modernización, a diversificación e a innovación, con outras apostas de futuro.

Partindo da nosa base agraria, apostamos por novas áreas de desenvolvemento. O Parque Empresarial de Santa Marta foi posto en marcha polo Concello no 1998. Creado para atender inicialmente a demanda das empresas locais, posteriormente incorporáronse outras empresas do resto da comarca e de Galicia. Desde entón o crecemento do Parque Empresarial realizouse en fases sucesivas. Na actualidade ocupa unha superficie duns 225.000 m2  con 23 empresas instaladas que dan emprego directo a máis de 140 persoas, ás que hai que sumarlle o emprego inducido.

A recente ampliación desenvolveu un ámbito de 52.000 m2. Posteriormente as obras de urbanización consistiron na mellora dos accesos, apertura dun novo vial  e na instalación e dotación de infraestruturas e redes de abastecemento, saneamento, pluviais, redes eléctricas, iluminación, comunicacións e outras pavimentacións.

Despois do proxecto de reparcelación. Neste momento, restan no Parque Empresarial 37.000 m2 máis de solo industrial,  de dispoñibilidade inmediata, aptos para a implantación de novas empresas e iniciativas . Desde o Concello queremos consolidar as bases para que a iniciativa privada teña e vexa en Vilar de Santos un espazo atractivo para investir, pola súa ubicación estratéxica e bos accesos, pola dotación de servizos e infraestruturas publicas de calidade, polo prezo do solo industrial moi competitivo, pola seguridade xurídica, pola  competencia, axilidade e solvencia municipal e pola continua busca de alternativas.

(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting