Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Parque Empresarial » Que ofrecemos ás empresas

Que ofrecemos ás empresas


1- Unha ubicación estratéxica que determina e favorece a actividade da empresa:

  • Bos accesos e proximidade a vías de comunicacion de alta capacidade: Ao pé da OU-531 (Rede Principal da Xunta) e a cinco minutos da N-525 e a Autovia A-52
  • Dotacion de servizos e infraestruturas publicas de calidade: Sistema de Saneamento
  • Abastecemento Integral con ETAP e EDAR, enerxía- iluminación, sistema de telecomunicacións de alta capacidade (banda ancha convencional e WIMAX), zonas verdes.
  • Seguridade xurídica: Vilar de Santos ten PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) en vigor aprobado no 2001 e solo industrial co Plan de Sectorización nº 2 aprobado definitivamente polo pleno do Concello de Vilar de Santos o 15 de setembro de 2008, e publicado no DOG nº 187 de 26 de setembro de 2008, así como no BOP nº 227 de 1 de outubro de 2008.

2- Dispoñibilidade inmediata de solo industrial:

  • 50.000 m2 de solo urbanizados,  aptos para construír 
  • Un prezo moi competitivo,de 20 euros/ m2 social, responsable e totalmente negociable, realmente a baixo custo e coas mellores condicións para a instalación inmediata da súa empresa.
  • Neste momento, restan no Parque Empresarial 37.000 m2 máis de solo industrial, de dispoñibilidade inmediata, aptos para a implantación de novas empresas e iniciativas

3- Un Parque Empresarial de promoción e competencia municipal:

  • No que asumimos o noso papel director-promotor
  • Un foco de atracción para novas iniciativas empresariais, servizos e negocio
  • Desde o concello ofrecemos competencia técnica e axilidade nos trámites de licenza
  • Un crecemento planificado e diversificado xa previsto con outra ampliación
  • Un proxecto de mellora e inversión continua no Parque Empresarial
  • Un marco xeral de colaboración e cooperación institucional asinando todo tipo de protocolos, acordos ou convenios de colaboración coas diferentes administracións públicas para a consecución dos obxectivos e compromisos planteados.

4- Axudas:

  • O Concello modificou a Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras – ICIO, establecendo unha bonificación do 80% da cuota do imposto a favor das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interés ou utilidade municipal por concurrir circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que o xustifiquen. Xa en vigor
  • Importantes axudas europeas correspondentes ao programa LEADER 2007-2013 dentro da línea de proxectos produtivos que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural Avinza GDR-15, no que esta o Concello de Vilar de Santos, con subvencións entre o 16,9% ata o 45% do orzamento do proxecto.
     
(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting