Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com

Últimas Novas de Vilar de Santos

Melloras na Piscina Municipal

14/05/2013 - Novas

O Concello ultima ás melloras de mantemento e xardinería na Piscina Municipal.


Vilar de santos organiza un curso de atención domiciliaria para persoas dependentes

18/04/2013 - Novas

O Concello de Vilar de Santos organiza un Curso de Atención Domiciliaria para persoas dependentes, cun total de 35 horas, teóricas e prácticas a realizar no Programa de Axuda no Fogar do Concello e tamén no Centro de Día de Vilar de Santos. Contempla unha atención individualizada de cada alumno. Participan 10 persoas. O curso planificouse en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.


Colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense

09/02/2013 - Novas

A dinamización económica é un obxectivo prioritario para o Concello de Vilar de Santos. En colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense, buscamos establecer accións de promoción e internacionalización das empresas do concello.


O concello de Vilar de Santos inicia unha campaña para dar a coñecer as posibilidades e oportunidades que existen no municipio, co obxectivo de atraer a novos veciños e veciñas, novos negocios e empresas, visitantes

21/12/2012 - Novas

Vilar de Santos constitúe un bo exemplo de concello dinámico, onde o desenvolvemento industrial e económico convive coa conservación da natureza e das tradicións máis arraigadas e no que durante décadas apostouse polo aproveitamento e posta en valor dos recursos e das capacidades locais. 


O Concello aproba as bases para a concesión de subvencións para a Rehabilitación de Edificios na ARI do núcleo de Vilar de Santos

20/11/2012 - Bandos e Anuncios

Tras a aprobación por parte do Pleno Municipal da Ordenanza Municipal que regula as bases destas axudas, agora preséntase a convocatoria para solicitalas ata o 11 de Xaneiro de 2013.


«1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 »

GDR10 - Limia Arnoia
(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting