Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com

Últimas Novas de Vilar de Santos

Apertura do prazo para a solicitude de matrícula na Escola Infantil de Vilar de Santos para o Curso 2014-2015

03/03/2014 - NovasDende o 3 de marzo do 2014 ata o 4 de abril do 2014 na oficina de servizos sociais e no Rexistro do Concello de Vilar de Santos.

Artigo LA REGIÓN "Envellecemento Activo en Vilar de Santos"

05/01/2014 - Novas

Dirixido ás persoas maiores do ConCello de Vilar de SantoS, o Programa de envellecemento activo ofrece actividades adaptadas que se desenvolven no Centro Social de Parada e no Multiusos da Casa do Concello todos os luns, martes, xoves e venres ata o mes de xuño do 2014.  Tal como explica o alcalde Xan Jardón, “a iniciativa forma parte do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo Concello coa adopción de medidas de igualdade e dinamización social con programas e actividades abertas á participación veciñal, cunha gran inf luencia na mellora da calidade de vida e do benestar social. Para o programa funciona o transporte municipal ”.


Vilar de Santos vai investir 100.368 euros na renovacion e mellora de infraestruturas

06/12/2013 - Novas

Cun investimento global de 100.368 euros xa aprobados, o Concello de Vilar de Santos levará a cabo varios proxectos incluídos nun Programa de Infraestruturas con diversas actuacións de renovación e mellora viaria a desenvolver en todo o territorio municipal co obxectivo de seguir ca modernización dos equipamentos e infraestruturas públicas municipais destes últimos anos. 


Vilar de Santos inicia as actividades do programa de Envellecemento Activo 2013-14

08/10/2013 - NovasA iniciativa forma parte do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo Concello coa adopción de medidas de igualdade e dinamización social con programas e actividades abertos á participación veciñal, cunha gran influencia na mellora da calidade de vida e do benestar social.
«1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 »

GDR10 - Limia Arnoia
(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting