Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com

Vilar de Santos prorroga o Programa de Rehabilitación de vivendas para o 2017

12/05/2017 - Novas

Despois do Real decreto 637/2016, de 9 de decembro, polo que se prorrogou o Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. O Concello de Vilar de Santos procedeu á súa vez a prorrogar o Programa de Rehabilitación da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do entorno do núcleo de Vilar de Santos que conta confinanciación do Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o propio Concello e que significa unha nova fase para as actuacións na ÁRI de Vilar de Santos cunha financiación  prevista de 383.142,86 euros.

A Área de Rehabilitación Integral-ARI, agora Área de Rexeneración e Renovación Urbana de Vilar de Santos foi declaradacon data 21 de xuño de 2011, polo IGVS que delimitaba un ámbito cunha superficie de 147.981 m² no que están incluídas vivendas, construcións complementarias, así como diversos equipamentos.

Na primeira fase da ARI, culminada no ano 2015, aprobáronse as Bases reguladoras da primeira convocatoria de subvencións para a rehabilitación que permitiu actuacións en once vivendas, cunha inversión de más de 160.000 euros, dos que 72.259 foron aportados como subvención por Fomento, Xunta e Concello, complementados coas achegas dos propietarios das casas. Unha nova fase no 2016 permitiu obras en tres vivendas mais.

Nesta prórroga do convenio, o Ministerio de Fomento achegará a cantidade de 129.241,85 euros para as actuacións.Unha cantidade á que hai que engadir outras aportacións e a inversión dos particulares, polo que o programa prevé unha inversión real de 383.142,86 euros.

A prorroga do convenio permitirá afrontar as actuacións de rehabilitación coas axudas económicas previstas na ordenanza, en 21 novas vivendas para o ámbito da ARI. O Concello canalizará toda a información e a xestión das axudas a través da Oficina de Rehabilitación. A súa principal función será facilitar e ofrecer un asesoramento técnico continuado, coordinar as actuacións de rehabilitación, redacción de informes e memorias de obras, así como a tramitación de toda a documentación. 

A convocatoria de axudas dirixidas aos propietarios dos edificios e vivendas da Area de Rehabilitación Integral para a execución de obras, estará vixente ata o 30 de xuño de 2017.

A ARI de Vilar de Santos foi e segue a ser unha actuación pioneira e innovadora nun concello rural,  a única destas características na provincia de Ourense, xa que as outras, correspóndense con núcleos históricos e cidades, de aí a súa importancia e transcendencia. Vilar de Santos é o único municipio rural da provincia que conta cunha  Área de Rehabilitación Integral deste tipo.

A Área de Rehabilitación Integral de Vilar de Santos, significa darlle continuidade ao proceso de rehabilitación iniciado baixo iniciativa pública e privada, co obxectivo primordial de evitar o abandono e revitalizar o entorno e fixar e atraer poboación dentro dun proxecto planificado desde o punto de vista técnico e financieiro e favorecer a actividade económica e o emprego no concello.



    GDR10 - Limia Arnoia
    Actividades de Verán
    (C) Vilar de Santos - Aviso Legal
    Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
    Programación e Deseño Web:
    Ainet Consulting